Monday 29 de April de 2024

Os Reis Magos en Neda


Os Reis Magos xa están en Neda, e esta mañá, escoltados polos integrantes de Protección Civil, realizaron un percorrido polas diferentes parroquias para saudar aos nenos e non tan nenos, repartir caramelos e atender peticións de última hora. Así, o seu itinerario contou con paradas na contorna do local social de Viladonelle, as inmediacións da igrexa de San Pedro de Anca, a contorna do Forno de Liñares, paseo marítimo, e finalmente, Albarón. Esta tarde a Cabalgata sae da Curva do Bargo ás 16 h, e da estación do tren ás 16:30 h. Dende este punto, dirixirase ata a Casa das Palmeiras para a recepción real, e xa sobre as 18 h, ofrecerán unha segunda recepción no Roxal. En todo momento, animará a xornada festiva a Charanga da Carmiña.